Poxa de Acruga este domingo en Castroverde

Poxa de Acruga este domingo en Castroverde

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega regresa o domingo día 22 a Castroverde para tomar parte na programación das festas de Santiago Apóstolo recuperando a poxa de gando, que levaba anos sen celebrarse.

O recinto feiral de Castroverde volverá acoller a poxa de exemplares de raza rubia galega, nunha poxa que comezará pasadas as 12.30 horas, e na que os gandeiros e criadores que o desexen poderán retirar o cartón correspondente para poxar por algunha do tres xovencas preñadas que se presentarán.

Trátase de exemplares procedentes do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, todas elas con 24 meses de idade e preñadas de cinco. As xovencas terán un prezo de saída de 1.800 euros e contan con axudas á compra de 200 euros por exemplar da entidade financeira Caixa Rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información