Pagan 4.892 euros por un boi en Silleda

Pagan 4.892 euros por un boi en Silleda

Boi adquirido por Frigoríficos Bandeira

A empresa Frigoríficos Bandeira adquiriu este martes no mercado de gando de Silleda un boi por 4.892 euros.

O exemplar de vacún maior é un boi cruce das razas Asturiana e Parda, de 5 anos. Pertencía a unha explotación de San Sadurniño (A Coruña) e foi comprada por Frigoríficos Bandeira, empesa especializada na exportación deste tipo de carnes de alta gama.

Ademais, est é o maior prezo pagado en 2017 na Central Agropecuaria de Galicia por  un exemplar desta categoría, superando os 4.372€  rexistrados o 9 de maio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información