Os prezos de Ternera Gallega repuntan por segunda semana consecutiva

Tras unha primeira metade do ano marcada pola caída dos prezos e un verán de estabilidade, as cotizacións da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega remontan coa chegada do outono. A mesa de prezos da IXP en Amio acordou por segunda semana consecutiva unha suba dos valores, nesta ocasión de 4 céntimos en todas as categorías de Ternera Gallega Suprema e de 2 céntimos en todas as categorías de Ternera Gallega. Os aumentos veñen motivados pola redución da oferta.

En canto á mesa de prezos de Abasto, decidiuse por unanimidade manter igual que na sesión anterior os prezos de todas as categorías e calidades de recría, becerros e vacún maior.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.171 reses, 90 menos que na anterior. Houbo 1.607 cabezas de vacún menor, 311 de vacún mediano e 231 de vacún maior.

Táboa completa das cotizacións de Amio (7-10-2015)

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información