Os pensos fabricados en Galicia diferenciaranse cun selo de calidade

Os pensos fabricados en Galicia diferenciaranse cun selo de calidade

Reunión entre o conselleiro de Medio Rural e a directiva de AGAFAC

A Consellería do Medio Rural e a Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) traballan na definición e futura posta en marcha dun indicativo de calidade para os pensos que xestiona este colectivo profesional.

Segundo informan dende a Consellería, este selo terá como base o sistema “Galicia alimentos seguros” (gmp.Galis), unha ferramenta coa que traballa a Agafac e que se demostrou fundamental para o control das materias primas baseado en criterios de análises de perigos e puntos de control críticos, e incorpora ademais un plan de alerta rápida como defensa ante posibles alertas alimentarias.

“O paso seguinte sería o de certificar todos estes procesos, de forma que se reforce a calidade e as garantías sanitarias dos pensos destinados á alimentación animal e que se consiga un obxectivo estratéxico, como é o de incrementar o valor engadido dos produtos finais (como o leite ou a carne) e consecuentemente o seu prezo de venda nos diferentes mercados”, explican dende Medio Rural.

O impulso a este selo de calidade tratouse nunha recente reunión de traballo entre o propio conselleiro do Medio Rural, José González, e os responsables de Agafac, encabezados polo seu director, Bruno Beade, e na que tamén participou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información