Os cunicultores galegos esixen o fin das “malas artes” de Hermi e da Lonxa de Madrid

Os cunicultores galegos esixen o fin das “malas artes” de Hermi e da Lonxa de Madrid

Cunicultores galegos manifestándose en Madrid

Uns 300 produtores de carne de coello concentráronse este venres ante o Ministerio de Agricultura en Madrid para protestar pola situación de crise que atravesan. Gran parte deles proviña de Galicia, convocados por Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Asaja e Progacún, pero tamén doutras comunidades como Cataluña, Comunidade Valenciana e Castela-A Mancha. Os cunicultores esixiron ao Goberno un “plan de rescate urxente que evite a ruína de miles de familias” e equilibre a cadea de valor da carne de coello.

Os cunicultores leron un manifesto que entregaron á interprofesional Intercun e á ministra de Agricultura en funcións, Isabel García Tejerina.

Os gandeiros piden que non se outorguen subvencións para novas explotacións e mesmo falan de peches planificados de granxas. Segundo cifras do sector, en 2016, as perdas por coella son de 41 euros, mentres que en 2015 foron de 34 euros. “A situación vai a peor. Estamos ao límite”, lamentan os gandeiros.

Acusan a Hermi e á lonxa de Madrid de “malas artes”

“Esiximos que o Goberno acabe xa coa corrupción que sufrimos no noso sector”, declarou Román Santalla, secretario de Gandería de UPA, unha das organizacións convocantes xunto a Conacun, ASAJA e COAG.

O endurecemento da Lei da cadea alimentaria parece ser un paso imprescindible para evitar as “malas artes” de matadoiros, como Hermi, e de lonxas como a de Madrid, da que piden a súa disolución, xa que “non achega transparencia ao mercado”. Os gandeiros piden que se tome como referencia de prezos a lonxa Moncun, que cumpre todas as esixencias e é recoñecida por todos os actores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información