Os cabalos para vida acadan un prezo medio de 1.465 euros na Feira de Gando Equino do Apóstolo

Os cabalos para vida acadan un prezo medio de 1.465 euros na Feira de Gando Equino do Apóstolo

Vista da feira de gando cabalar da Festa do Apóstolo, no recindo feiral de Amio.

O Recinto Feiral de Amio, en Santiago, acolleu este 25 de xullo, a Feira de Gando Equino, Asnal, Ovino e Caprino do Apóstolo. Nesta edición contabilizáronse un total de 464 animais: 219 cabalos e eguas para a vida, 184 eguas e cabalos para abasto; 17 burros, 22 reses de ovino menor e outras tantas de caprino menor.

En canto ós prezos medios, os cabalos e eguas para a vida acadaron os 1.465 euros, mentres que no caso do gando para sacrificio baixou ós 807 euros. O prezo dos burros situouse nos 762 euros de media, o do gando ovino foi de 90 euros e o do caprino 50 euros por animal.

O valor estimado do mercado ascendeu a 485.357 euros, dos que 469.323 euros corresponden ó valor das ventas de cabalos e eguas ( 320.835 euros procedentes de animais para a vida e 148.488 euros dos de abasto). As ventas de gando asnal supuxeron 12.954 euros, as de gando ovino foron de 1.980 euros e as de caprino de 1.100 euros.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información