Os 5 piares da nutrición mineral do gando

A redución dos límites de cinc, cobre ou ferro en pensos para o gando é un tema de candente actualidade. Josep Roquet, veterinario e director técnico de Alltech Spain, explicou as alternativas posibles na xornada The Alltech ONE Ideas Forum que se celebrou a pasada semana en Madrid

Os chamados minerais traza, especialmente o cobre, o ferro, o manganeso e o cinc, son imprescindibles para unha correcta nutrición do gando posto que interveñen en case todos os procesos bioquímicos do organismo. Sirva como exemplo que o cobre ou o cinc son imprescindibles para máis de 400 encimas do organismo. As súas deficiencias ou os seus excesos teñen graves consecuencias na saúde, debido a que se necesitan cantidades mínimas, estamos a falar de miligramos e mesmo de microgramos. O seu exceso, por tanto, provoca problemas de toxicidade e poden interactuar negativamente con outros minerais.

Ademais, o mecanismo para o seu transporte e absorción polo organismo é complexo, e vanse perdendo ao longo da vida produtiva do animal.

As deficiencias rara vez se manifestan clinicamente pero, sen embargo, cando se proporcionan estes minerais traza ao gando melloramos a capacidade de crecemento, a fertilidade e o sistema inmunitario, con menos problemas de enfermidades.

Porén, o organismo desenvolveu mecanismos de protección no intestino e no torrente sanguíneo para impedir que minerais presentes de forma moi abundante na natureza, como o aluminio ou o ferro, sexan absorbidos en exceso. Este obstáculo pódese salvar se os minerais preséntanse en forma orgánica, xa sexa a través das plantas ou ben quelados a través dun proceso industrial; é dicir, se están ligados fortemente a unha molécula orgánica, o que permite “enganar” ao organismo e que cheguen aos puntos de absorción.

Neste sentido, segundo Josep Roquet, veterinario e director técnico de Alltech Spain, os 5 piares da nutrición mineral en gando que se deben ter en conta son:

1) Requirimentos: A xenética dos animais cambiou e tamén as súas necesidades de microminerais

As cantidades de minerais traza ou microminerais que se acheguen na ración ao gando deben estar adaptadas aos seus requirimentos para que o animal poida expresar o 100% do seu potencial xenético e manteña en bo estado o seu sistema inmulóxico.

Neste sentido, Josep Roquet advertiu que “o problema é que os estudos que temos sobre necesidades de minerais en gando son de hai 40 anos cando as vacas producían 20 litros ou os polos tardaban 60 días en sacrificarse”. “Sen embargo, os animais de hoxe en día necesitan a metade de comida para facer os mesmos quilos de carne, co que lles estamos en moitos casos achegando a metade dos minerais que necesitan”, advertiu.

Ademais, lembrou que os animais máis produtivos son os que requiren maior cantidade de minerais. Así, lembrou un estudo realizado en porcino por Mahan e Newton en porcas no que se confirmou que as porcas con maior produción de bacoriños son as que maiores carencias de minerais traza presentaban.

ALLTECH_CADRO_1

O estrés é outro dos factores que inflúen na perda de microminerais, algo que se pode evitar cando estes se presentan en forma orgánica. Así, Josep Roquet lembrou un estudo realizado por Nockels no que conclúe que os becerros sometidos a estrés e aos que se lles subministrara sulfato de cobre presentaban unha retención deste mineral de só a 3,3% fronte ao 8,1% dos que non foran sometidos a tensión. Pola contra, cando a fonte de mineral era quelato de cobre, unha fonte orgánica, a retención era do 15 e do 14,3% respectivamente, ao ter maior capacidade de retención polo organismo.

Noutros minerais traza, como o cinc, a fonte tamén é determinante para a biodisponibilidade do mesmo. Así, un estudo realizado en polos revela que a biodisponibilidade deste micromineral na tibia varía o 22 ao 91%.

2) Interaccións con outros minerais: Os proteinatos son os que máis garantías ofrecen

Mapa de interaccións entre os minerais:

ALLTECH_CADRO_2

As interaccións entre minerais é unha problemática importante que provoca menor actividade biolóxica, problemas de retención, e por conseguinte problemas ambientais ao excretarse nas dexeccións.

Esta problemática pódese evitar cos bioplexes ou minerais quelados, en forma orgánica, xa que se protexe ao mineral de interaccións con outros minerais mentres viaxa polo tracto gastrointestinal até o seu punto de absorción.

ALLTECH_CADRO_3

Dentro da minerais traza orgánicos, os bioplexes ou proteinatos (froito da reacción de proteínas hidrolizadas con minerais) son os que máis garantías ofrecen en canto a ausencia de interaccións, mesmo no caso de correctores. Este é posible grazas ao tipo de ligazón, que garante a máxima estabilidade da unión mesmo nas condicións de PH do estómago e do intestino. Pola contra, os minerais orgánicos con unións febles poden ocasionar nos pensos e correctores inhibición de encimas, destrución de vitaminas e aumento da oxidación.

Isto levou á Comisión Europea ha establecer unha nova clasificación dos minerais orgánicos, distinguindo os hidrolizados de proteína dos hidrolizados de aminoácidos, ao presentar forzas de unión e comportamentos distintos.

ALLTECH_CADRO_4

Como se indicou anteriormente, a fonte dos microminerais é clave para a súa absorción ou biodisponibilidade polo organismo do animal.

Así un estudo realizado en polos confirmou que o lévedo selenizado permite triplicar a biodisponibilidade de selenio no organismo das aves:

ALLTECH_CADRO_5 ALLTECH_CADRO_6

Ademais, e tal e como se observa na táboa anterior, a forma orgánica do selenio en forma de fermento é a que afecta a máis xenes que inciden na produción animal.

3) Medioambiente: Evitar problemas de toxicidade dos microminerais

O exceso de cobre, cinc e doutros microminerais no solo débese en moitos casos a un sobreaporte desta minerais traza nos pensos do gando e que, ao non ser absorbidos polo organismo do animal, acaban no esterco e no xurro.

“Isto é xa un problema en países como China, onde estudos concluíron que só o 4% das mostras de esterco de porcino cumprían os límites máximos recomendados de cinc. O exceso de cinc ou de cobre provoca moitos problemas na fertilidade do chan, como redución da capacidade de nitrificación e de mineralización da materia orgánica”, advertiu o director técnico de Alltech Spain.

A problemática levou á Comisión Europea a reducir os límites máximos de minerais, como o cobre, o cinc ou o ferro nas racións dos animais:

ALLTECH_CADRO_7

“E posiblemente volverán reducirse os niveis máximos, tanto de cobre como de cinc, para esta e para outras cabanas gandeiras”, advertiu Josep Roquet.

Neste sentido, destacou que en ensaios realizados por Alltech substituíndo totalmente os minerais inorgánicos por bioplexes en broilers lográronse os mesmos índices de crecemento, pero cunha importante redución da presenza de Cobre, Cinc ou Hierro nas excreccións:

ALLTECH_CADRO_8 ALLTECH_CADRO_9

4) A importancia de que os minerais que se subministran ao gando non conteñan impurezas

ALLTECH_CADRO_10

Josep Roquet advertiu de que “as fontes inorgánicas de minerais poden estar contaminadas de forma natural por cadmio, arsénico, chumbo, mercurio…todas elas sustancias prexudiciais para a saúde”.

Neste sentido, destacou que os minerais orgánicos fabricados por Alltech cumpren cun estrito sistema de calidade que analiza o 100% das mostras tanto á entrada das materias primas como á saída dos bioplex xa elaborados para garantir que cumpren os límites da normativa.

5) TRT: O reemprazo de minerais inorgánicos por orgánicos é viable

Josep Roquet concluíu que “a substitución total dos minerais na súa forma inorgánica pola súa forma orgánica é viable e é o futuro, porque se mantén ou aumenta a produtividade e a lonxevidade dos animais e redúcense notablemente as emisións ao solo”.

Como exemplo, lembrou un estudo realizado en vacún de leite no que se concluíu que o emprego de minerais orgánicos aumentou un 4,8% a produción de leite a 305 días.

ALLTECH_CADRO_11

Futuro: Lograr que as forraxes e cereais conteñan todos os minerais que precisa o gando

Por último, o director técnico de Alltech Spain, avanzou que unha liña estratéxica de futuro “pasa porque as forraxes e o resto de cereais que alimentan aos animais conteñan todos os minerais que necesitan, e iso pódese lograr mediante a suplementación de minerais aos cultivos”. “Que os animais coman directamente das forraxes os minerais que necesitan”, concluíu.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información