O número de ataques rexistrados do lobo ao gando en Galicia duplicouse entre 2015 e 2017

O número de ataques rexistrados do lobo ao gando en Galicia duplicouse entre 2015 e 2017

Xovenca atacada polos lobos en Rodeiro (Pontevedra)

O número de ataques do lobo ao gando notificados á Xunta de Galicia duplicouse entre os anos 2015 e 2017, pasando de 618 avisos a 1203. O números de reses afectadas tamén aumentou dende as 1.258 animais aos 2.379 en 2017.

Así se desprende dos datos da Consellería de Medioambiente e Ordenación do Territorio aos que tivo acceso Campo Galego. Os ataques denunciados duplícanse nas catro provincias.

ATAQUES_LOBO_GRAFICA_1

En canto ás especies, o 60% dos ataques rexístranse a ovellas, seguido de vacas, cun 20%, mentres que o 10% dos animais dos que se denunciaron ataques foron cabras e un 9% cabalos do monte. No que se refire á tendencia, entre 2015 e 2017 duplicouse o número de ataques denunciados a ovellas e vacas, e en menor medida a cabras e cabalos.

Tradicionalmente o cabalo de monte era a principal fonte de alimento das mandas de lobos en Galicia, pero nos últimos anos foi perdendo relevancia tanto debido aos baixos prezos da súa carne como á substitución de pasteiros no monte por plantacións forestais. Está por confirmar cun estudo se estes cambios están a provocar unha modificación na alimentación do lobo, cun incremento de ataques a gando ovino e vacún.

ATAQUES_LOBO_GRAFICA_2 ATAQUES_LOBO_GRAFICA_3 ATAQUES_LOBO_GRAFICA_4

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información