O Ministerio autoriza a ASOPORCEL utilizar o logo “100% Raza Autóctona” para o Porco Celta

O Ministerio autoriza a ASOPORCEL utilizar o logo “100% Raza Autóctona” para o Porco Celta

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente  autorizou, mediante Resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios, o uso do logotipo “Raza Autóctona” á Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL). Trátase da primeira raza da especie porcina que se adhire ao uso deste logotipo para revalorizar os seus produtos.

Catalogada en perigo de extinción, o seu sistema de cría é fundamentalmente en extensivo ou semi-extensivo aproveitando os recursos naturais e contribuíndo ao mantemento da biomasa vexetal. Conta cun total de 3.620 animais e 304 ganderías distribuídos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Uso do logotipo 100% Raza Autóctona

A iniciativa do logotipo “raza autóctona” forma parte do plan de desenvolvemento do Programa Nacional de Conservación, Mellora e Fomento das razas gandeiras, que conta entre as súas prioridades estratéxicas a utilización sustentable e vías alternativas de rendibilidade para as razas e os seus produtos e as actividades de difusión e divulgación dos recursos xenéticos na sociedade.

Os responsables do uso correcto deste logotipo son as Asociacións de criadores de razas puras oficialmente recoñecidas, que son as garantes de que os animais e os produtos comercializados ao amparo deste logotipo sexan de raza autóctona.

Estas asociacións están a solicitar de maneira voluntaria o uso do logotipo “raza autóctona”, co obxecto de diferenciar exclusivamente os produtos procedentes desas razas españolas, consolidando a confianza do consumidor e poñendo en valor a calidade dos produtos destas razas.

Toda a información relacionada co logotipo “raza autóctona” Celta pódese conseguir na seguinte ligazón: http://www.magrama.gob.es/es/ganaderia/temas/zootecnia/razas-ganaderas/arca/logotipo-celta.aspx

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información