O Concello do Corgo organiza o domingo 24 a tradicional Feira do Cabalo de Adai

A cita, que se ven celebrando desde fai 23 anos, contará con concursos morfolóxicos, exhibicións de doma e música durante todo o día e repartirá máis de 1.000 euros en premios

Publicidade
O Concello do Corgo organiza o domingo 24 a tradicional Feira do Cabalo de Adai

Feira do Cabalo de Adai

A parroquia de Adai, no concello lucense do Corgo, converterase a vindeira fin de semana en epicentro do sector gandeiro galego coa celebración o venres 22 e o sábado 23 da Subasta de machos e novillas e o Concurso Nacional de Raza Rubia Galega, organizados por Acruga e o domingo 24 coa tradicional Feira do Cabalo de Adai, organizada polo Concello do Corgo en colaboración coa asociación Cabaleiros da Feira de Adai.

A celebración, que chega á súa edición número 23, reunirá desde primeira hora da mañá no campo da feira da parroquia a gandeiros e afeccionados ao mundo do cabalo nunha das citas de referencia no panorama galego, que complementa a feira en si con actividades de todo tipo, como concursos morfolóxicos ou demostracións de doma de diferentes estilos e exhibición de cabalos de pura raza galega.

A Feira do Cabalo de Adai reparte máis de 1.000 euros en premios e xunta a ganderías e criadores chegados de toda Galicia. Os organizadores agardan repetir o éxito do pasado ano, no que o campo da feira quedou pequeno para acoller os máis de 400 cabalos que se xuntaron. O público ateigou tamén o recinto para presenciar as exhibicións tanto de cabalo galego pola mañá como de doma clásica pola tarde.

A parroquia de Adai, que celebra feira o día 13 de cada mes, é un lugar de referencia para a gandería da provincia de Lugo e acolle ao longo do ano múltiples feiras e subastas de gando. A Feira do Cabalo do vindeiro domingo é unha das súas citas anuais de referencia.

XXIII FEIRA DO CABALO DE ADAI DOMINGO 24 DE XUÑO DE 2018 ADAI – O CORGO (LUGO)

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

09.30h. – Apertura do recinto feiral.

10:00h -13:30 Entrega de agasallo de benvida ós cabaleiros.

11.00h.- Inscripcións na mesa do xurado para os concurso Morfolóxicos para cabalos e eguas de pura raza galega puntuable para a XVII Copa Galicia P.R.G., maiores de tres anos e cabalos e eguas cruzados.

Premios en cada categoría participante:

1º PREMIO.- 115 € + trofeo ou escarapela.

2º PREMIO.- 80 € + trofeo ou escarapela.

3º PREMIO.- 60 € + trofeo ou escarapela.

4º PREMIO.- 30 € + trofeo ou escarapela

11.30 h.-. Concurso Morfolóxico para cabalos de pura raza galega puntuable para a XVII Copa Galicia P.R.G maiores de tres anos.

12.00h.- Concurso Morfolóxico de eguas de pura raza galega puntuable para a XVII Copa Galicia P.R.G maiores de tres anos.

12.30h.-Concurso Morfolóxico de cabalos cruzados. Maiores de tres anos.

13.00 h.- Concurso Morfolóxico de eguas cruzadas. Maiores de tres anos.

13,30 h.- Exhibición de doma con cabalos de pura raza galega da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e entrega de trofeos e premios dos concursos morfolóxicos.

17,00 A 18,00 h.- Gran exhibición de doma de alta escola, doma clásica, fantasías ecuestres e doma en liberdade con Manuel Piñón, Paula Feijóo, Toni Cabo e Irene Hernández.

Durante todo o día, actuación da charanga DGT.

BASES E NORMAS DE PARTICIPACION NA FEIRA CABALAR E NOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS

1º.- Todos os équidos asistentes á “FeiraCabalar de Adai”, deberán portar obrigatoriamente a documentación identificativa e sanitaria exigible na comunidade autónoma de Galicia. Os vehículos de transporte animal, tamén.

2º.- A responsabilidade civil dos animáis na feira e probas en concurso será por conta en todo momento do gandeiro, propietario e/ou presentador do animal.

3º.- Os animáis deberán estar situados nas zonas reservadas para eles con tal fin, e atendidos en todo momento polo seu propietario e/oumanexador-pesentador.

4º.- O acceso á pista de concursos será única e exclusivamente para os animáis participantes nas probas e os seus presentadores.

5º.- Os animáis participantes nos concursos morfolóxicos deberán presentar a documentación oficial dos mesmos á hora da inscripción na mesa do xurado. Todos os exemplares para concurso deberán ser maiores de tres anos. (Documentos orixináis).

6º.- É obrigatoriorecoller o premio cócabalooueguagañador/a do mesmo. De non ser así, non se entregará.Os premios indicados no cartel da feira estipulados para cada categoría en concurso, pagaránse mediante transferencia bancaria e aplicaráselles a retención do IRPF establecida polaAxencia Tributaria en cumplimento das obrigasfiscáis. Do mesmoxeitoaplicaráselle dita retención aosxuíces e demáispersoal colaborador. (Todos os participantes deberán facilitar o número de conta bancaria nunprazo de dez días unha vez rematada a feira).

7º.- O xurado estará composto por persoas cualificadas no ámbito equino. Na proba puntuable para o Campionato Galego de Pura Raza Galega “Copa Galicia PRG”, estará formado por xuíces oficiáis de cabalos P.R.G.

8º.- O non presentarse áterceira chamada do xurado en pista, quedará fóra de concurso.

9º.- Os animáis deberán ser debidamente presentados en limpeza e presenza nos concursos. Podéndo ser desestimados polo xurado á consideración dos mesmos nos concursos.

10º.- En caso de desacordo coas decisións do xurado, o afectado poderá presentar reclamación previa presentación do DNI e depósito de 90 euros á organización, os cuales serán devoltos o interesado, no caso de ser favorable aomesmo dita reclamación. Repoñendo públicamente a entrega do trofeo e escarapela correspondente, así como o pago do premio estipulado. No caso contrario, ser desestimada á reclamación presentada, a organización doará a unha ONG ou a cáritas o importe íntegro do depósito para atender necesidades sociáis dentro do municipio.

11º.- Calquera maltrato animal estará penalizado coa expulsión das probas e pertinente denuncia por parte do comité organizador ante as autoridades competentes.

cartel Feira do Cabalo de Adai 2018

Nota importante: É obrigatorio recoller o premio co cabalo ou egua gañador/a do mesmo. De non ser así, non se entregará. Os premios indicados no cartel da feira estipulados para cada categoría en concurso, pagaránse mediante transferencia bancaria e aplicaráselles a retención do IRPF establecida pola Axencia Tributaria en cumplimento das obrigas fiscais. Do mesmo xeito aplicaráselle dita retención aos xuíces e demáis persoal colaborador. (Todos os participantes deberán facilitar o número de conta bancaria).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información