O Centro Tecnolóxico da Carne deseña un presuposto de 3,2 millóns de euros para o 2018

O organismo proxecta desenvolver 28 iniciativas de cooperación con empresas e outras entidades do sector agroalimentario

O Centro Tecnolóxico da Carne deseña un presuposto de 3,2 millóns de euros para o 2018

Reunión do padroado do Centro Tecnolóxico da Carne.

O padroado da fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), ente dependente da Consellería do Medio Rural, vén de celebrar a súa reunión de final de ano de cara a definir as liñas de actuación do próximo exercicio e facer balance do segundo semestre de 2017. O organismo contará cun presuposto de 3,2 millóns de euros para o próximo exercicio.

Con ese orzamento o CTC ten previsto participar en alomenos 28 iniciativas de cooperación con empresas e outras entidades do sector agroalimentario. Os fondos do Centro Tecnolóxico da Carne proceden fundamentalmente de proxectos de innovación sufragados polas Administracións, principalmente a europea. A Consellería realiza unha aportación directa de 400.000 euros.

Outros ingresos salientables proceden da facturación a empresas polos traballos desenvolvidos, xa que este centro, ademais de proxectos de investigación no ámbito cárnico, tamén ofrece servizos ás entidades privadas, así como asesoramento e transferencia tecnolóxica ao sector.

A maior parte dos orzamentos do CTC adícanse ó capital humano, que suma un 42,6% do capítulo de gasto. Desde Medio Rural destacan que o capital humano é o “máis importante” para desenvolver proxectos de mellora dos produtos do sector agroalimentario.

Balance
No que respecta ao exercicio que remata, só no segundo semestre do ano desenvolvéronse 32 proxectos de I+D+i, cun investimento global de case 14 millóns de euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información