Nova suba de Ternera Gallega en Amio

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que se celebrou este mércores no mercado de Amio, acordou unha nova suba de prezos. Se a semana pasada, o repunte dos valores afectou só á calidade Suprema, esta semana a alza tócalle a todas as categorías de gando. En Suprema, os prezos soben 4 céntimos quilo, en tanto en Ternera Gallega o incremento é de 2 céntimos.

Na Mesa de Prezos de Abasto, decidiuse por unanimidade manter sen cambios as cotizacións do gando de recría, vacún maior e becerros para sacrificar. A asistencia de gando á feira foi de 1.756 reses, 464 menos que a pasada semana. Por categorías, houbo 1.303 cabezas de vacún menor, 232 de vacún mediano e 221 de vacún grande.

Feira equina do Apóstolo
Como vén sendo tradicional, o martes 25 de xullo celebrouse unha feira de gando equino, asnal, ovino e caprino no mercado de Amio. Entraron no recinto 352 cabalos e eguas (198 para vida e 154 para abasto), 35 asnos, 20 cabezas de gando ovino e 10 de caprino.

A cotización media dos cabalos e eguas para vida foi de 1.277 euros, en tanto os de abasto foron valorados nunha media de 713 euros.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (26-7-2017).
Concorrencia e prezos medios da feira de gando equino, asnal, ovino e caprino (25-7-2017).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información