Nova función da Oficina Agraria Virtual para os gandeiros de bovino

Nova función da Oficina Agraria Virtual para os gandeiros de bovino

A Oficina Agraria Virtual (OAV) da Consellería do Medio Rural conta cunha nova funcionalidade que facilita a realización de trámites por parte dos gandeiros. A través dela, agora poden imprimir no seu propio domicilio o Documento de Identificación dos Bovinos (DIB) cando declaran un nacemento ou unha incorporación dun animal.

Antes de dispor desta posibilidade, os gandeiros recibían estes documentos por correo ordinario, un sistema que continuará funcionando para aqueles que o desexen, por non dispor de internet, por exemplo. Así pois, os usuarios poderán optar por calquera das dúas opcións.

Para efectuar no propio domicilio a impresión dos DIB solicitados recentemente débese seleccionar esta posibilidade no menú “Tramites”- Emisión de DIB. A continuación, no apartado “Consultas”- Emisión de DIB pódese descargar un arquivo informático que contén o documento nun formato de dúas follas (exemplar 1 para acompañar ao animal nos seus movementos e exemplar 2 para permanecer na explotación).

Inicialmente esta descarga poderá facela o gandeiro ao día seguinte de realizado o trámite da declaración de nacemento ou incorporación. Así mesmo, pódese tamén consultar a situación do trámite da emisión dos DIB dos animais, por calquera das opcións elixidas, para os trámites xestionados nos últimos 15 días.

Exemplo de DIB obtido a través da Oficina Agraria Virtual: 

OFICINA_AGRARIA_VIRTUAL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información