Nace a primeira marca de calidade para o cordeiro e o cabrito galegos

Beealia presenta este xoves as súas marcas de calidade Cordeiro e Cabrito Atlántico en Xantar. O selo irá destinado á carne de calidade, criada en base a pastos e de xeito sustentable.

Nace a primeira marca de calidade para o cordeiro e o cabrito galegos

Logo da nova marca.

A empresa que agrupa a dúas ganderías de ovino e cabrún, Beealia, presentará as súas marcas de calidade CORDEIRO e CABRITO ATLÁNTICO este xoves 5 de marzo ás 14:15 en Xantar -Salón Internacional de Turismo Gastronómico- de Ourense. A presentación será da man de Alvaro Villasante, cociñeiro do Grupo Nove.

Trátase da primeira marca de calidade existente en Galicia para o cabrito e o cordeiro criado no país.

O xerente de Beealia, Joan Alibés, salienta que “a carne de Cordeiro e Cabrito Atlántico é saudable, sostible e próxima. Isto é así porque conta con máis vitamina E, menos graxa e mellor perfil de ácidos graxos esenciais omega 3 e 6; é respectuosa e boa para a súa contorna polo sistema de produción en base a pasto e próxima pola relación directa co produtor”.

E é que a venda faise directamente do gandeiro ao consumidor a través da páxina de Beealia.

Esixencias do selo Cordeiro e Cabrito Atlántico

As exicencias da marca Cordeiro e Cabrito Atlántico, Beealia son as seguiintes: animais criados en liberdade e dun xeito sostible e cordeiros e cabritos alimentados en base a pasto e leite, e posto directamente e de inmediato a disposición do consumidor. “Controlamos a nosa carne, asegurando a súa calidade e trazabilidade, dende os pastos ata que chega ós nosos clientes”, asegura Joan Alibés.

A presenza de Álvaro Villasante, cociñeiro do restaurante Paprica de Lugo e integrante do Grupo Nove, neste showcooking invita a descubrir as posibilidades culinarias das carnes de Cordeiro e Cabrito Atlántico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información