Muras acolle este domingo a XXVIII Feira do Poldro

As I Xornadas de Degustación que se están a celebrar ao longo desta semana están a ser todo un éxito, con máis de 400 tapas xa servidas

Muras acolle este domingo a XXVIII Feira do Poldro

Cartel da Feira do Poldro.

O vindeiro domingo día 27 terá lugar a XXVIII edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte que se celebra no alto da Gañidoira, no Concello de Muras. Dentro do programa deste ano inclúense as I Xornadas de Degustación de Carne de Poldro, que están a ser un grande éxito como demostra que xa son máis de 400 as tapas que gratuitamente levan servidas os 4 establecementos colaboradores: Café Bar Santi, Café Bar A Volta, O Peregrino e Casa Victor. Compre suliñar que os comensais que degusten todas e cada unha das tapas dos catro establecementos participarán no sorteo dunha fin de semana para 2 persoas no spa Attica 21 de Vilalba.

Pero ademáis de degustacións, a feira contará con máis de 30 postos de artesanía, alimentación, roupa e mesmo máquinas de coser. Dentro do amplo programa de actividades , no que non haberá actos institucionais, recóllense interesantes propostas para todo tipo de público de calquer idade.

Así, para nenos e nenas haberá dende pola mañá a posibilidade de montar en pequenos cabalos de Pura Raza Galega (PURAGA) e unha mini-xincana guiada polo monte a cargo de A ESTRUGA ESPAZO AGROECOLÓXICO.

Para esta actividade é preciso anotarse con antelación na carpa do Concello de Muras, sita na mesma feira, entre as 10:30h e as 11h e durará en torno a 90 min. En canto remate dará comezo a demostración canina. A actividade guiada por PURAGA é continuada ao longo da xornada.

Para tódolos públicos, unha interesante demostración de habilidades do Can de Palleiro a cargo da ASOCIACIÓN CAN DE PALLEIRO, exposición de gando autóctono, así como as tradicionais carreiras de cabalos, nas que colabora a Asociación Atila, ademáis dos mencionados postos de feirantes.
A feira comenzará ás 10 da mañá do domingo e rematará preto das 20:30 trala entrega de premios das distintas competicións e a actuación musical, que poñerá o colofón a un evento de grande arraigo en toda Galicia, especialmente na provincia de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información