Medio Rural recibe a Agrigga, a nova cooperativa de vacún de carne

A conselleira, Ángeles Vázquez, destaca que o camiño da unión é o que debe seguir o sector para “negociar con máis forza cos compradores”

Medio Rural recibe a Agrigga, a nova cooperativa de vacún de carne

Reunión da conselleira, Ángeles Vázquez, e da directora xeral, Belén do Campo, con Agrigga.

Os representantes de Agrigga, unha cooperativa de vacún de carne constituida este mes, mantiveron un primeiro encontro de presentación coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para trasladarlle o seu proxecto. A cooperativa ten a intención de crear a primeira organización de produtores de vacún de carne de Galicia co obxectivo de negociar en conxunto cos compradores.

Medio Rural avoga pola organización do sector para propiciar negociacións en conxunto

Tras o encontro, que se celebrou onte xoves, a conselleira amosouse satisfeita do camiño emprendido por Agrigga. “A unión de todos para velar polos intereses dos gandeiros e para negociar cos compradores é a liña na que hai que traballar”, subliñou Vázquez, que avoga por afondar na organización do sector.

Á audiencia coa conselleira acudiu a directiva desta nova entidade, encabezada polo seu presidente, Francisco Manuel Penabad Pita, o vicepresidente, Manuel Sánchez Varela, e o secretario, Agapito Rodríguez Rodríguez. Todos presentáronse ante á conselleira e explicáronlle cales son as súas intencións a partir de agora.

A iniciativa profesional Agrigga Carne S.C.G., conformada por cen explotacións de vacún de carne de toda Galicia, nace coa intención de aglutinar ós produtores de vacún de carne da comunidade. Os gandeiros aspiran a negociar en conxunto o seu gando para obter contratos estables, garantías de venda e mellores prezos, segundo lle detallaron a Medio Rural.

Datos do sector vacún de carne
No 2015, os datos da Xunta sinalan que o número de cabezas de gando vacún de carne sacrificadas en Galicia superou os 410.000 exemplares, o que supuxo un incremento do 11,26% con respecto ao exercicio anterior. En total, comercializáronse algo máis de 98.000 toneladas de carne, un 13,65% máis que no 2014.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información