Medio Rural concede unha axuda de máis de 600.000 euros a Novafrigsa

Medio Rural concede unha axuda de máis de 600.000 euros a Novafrigsa

A conselleira durante a visita a Novafrigsa

A Consellería do Medio Rural destinou este ano un total de 33,2 millóns de euros ás axudas para mellorar as condicións de transformación e comercialización dos produtos agroalimentarios galegos. Neste marco, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez concedeulle unha achega á empresa Novafrigsa, pertencente ao Grupo Coren, por un montante superior aos 600.000 euros dentro dun proxecto que prevé un investimento de máis de 1,7 millóns de euros nas súas instalacións situadas en Coeses, no concello de Lugo.

A conselleira sinalou que o sector agroalimentario dos produtos de calidade supón en Galicia unha facturación anual duns 300 millóns de euros e implica a case 30.000 explotacións agrarias e 900 industrias.

Melloras que se van acometer en Novafrigsa S.A.

A axuda que recibe este ano por parte da Consellería do Medio Rural irá destinada a optimizar a produción, a calidade e o aforro enerxético. En concreto, vanse levar a cabo reformas na zona de sacrificio, zona de despece e vestiarios do persoal. Procederase a mellorar a instalación eléctrica, instalación contra-incendios, fontanería e instalación frigorífica; así como o sistema de telefonía, software e sistema de control de cámaras en zona de xamóns.

Esta cooperativa de segundo grao, creada no ano 1995, integra numerosas sociedades con diferentes actividades, entre elas a avícola (de carne e de posta), porcino, plantas de alimentación animal, etc.

As principais actividades son a elaboración de produtos cárnicos (embutidos, friames e cocidos), curado de xamón e sacrificio e despece de gando vacún. Ten unha facturación que supera os 70 millóns de euros anuais, comercializando o 90% da produción en España, o 9% dentro da UE e só exporta o 1%.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información