Lixeira suba de prezos en Ternera Gallega suprema

Lixeira suba de prezos en Ternera Gallega suprema

Gando de raza Rubia Galega.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que se celebrou este mércores no mercado de Amio, acordou unha nova suba de prezos. Se a semana pasada, o repunte dos valores afectou a todas as categorías de gando, este mércores limitouse á de calidade Suprema, onde os prezos subiron 5 céntimos quilo, ata situarse entre 4,42 e 4,91 euros o quilo, segundo as tipificacións de peso das canais.

Na Mesa de Prezos de Abasto, decidiuse por unanimidade manter sen cambios as cotizacións do gando de recría, vacún maior e becerros para sacrificar. A asistencia de gando á feira foi de 2.579 reses, 823 máis que a pasada semana. Por categorías, houbo 2.005 cabezas de vacún menor, 328 de vacún mediano e 227 de vacún grande.

Máis información: 
– Táboa completa das cotizacións de Amio (2-8-2017).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información