Lixeira baixada dos becerros de recría en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado e dos leitóns. Soben os ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 23 de febreiro

Lixeira baixada dos becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola tendencia xeral á baixa nos prezos dos tenreiros de recría, tanto de raza Frisona como de Cruce Industrial. Pola contra, os prezos do vacún maior experimentaron unha lixeira suba.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 98 euros, fronte aos 87 do pasado martes. Sen embargo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, con diferenza a categoría máis numerosa, onde a media foi de 116 euros por xato, fronte aos 122 da semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días: 156 euros de media por animal fronte aos 159 do pasado martes.

Nos tenreiros de recría de Cruzamento industrial a tendencia foi tamén á alza nos xatos de menos de 20 días: 337 euros de media por animal fronte aos 314 da pasada semana. Sen embargo, na categoría máis numerosa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 343 euros, fronte aos 362 do pasado martes. Nos becerros de máis de 51 situouse o prezo medio esta xornada nos 423 euros fronte aos 455 da anterior sesión.

No vacún maior os prezos cotizaron á alza. Deste xeito quedaron en 1.040 euros de media en categoría primeira, 710 en segunda -a máis numerosa- e 426 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.099, 698 e 413 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_VACUN_23_02_2016

Ovos á alza

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana na categoría XL, que quedou en 1,15 euros. Pola contra, acordáronse subas para as restantes categorías: un 0,02% para a L ata os 1,07 euros por ducia; un 0,04% para M ata os 1,01 euros e un 0,02% para a S que quedou nos 0,89 euros.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos mantivéronse nos 1,30 €/quilo.

Estabilidade no porco cebado e nos leitóns

Ao igual que a pasada semana, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións do porco cebado. Deste xeito, a categoría Selecta quedou nos 0,940 euros por kilo; a normal nos 0,915 euros por kilo, mentres que o Canal II quedou en 1,188 euros por kilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse estables nos 1,31 euros o quilo.

En canto aos leitóns tamén se acordou manter os prezos da pasada semana. Deste xeito quedaron nos 44 euros os procedentes de varias explotacións e nos 49 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_PORCINO_23_02_2016

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información