Lixeira baixada do vacún maior en Silleda

O leitón segue baixando. O porco cebado e os ovos mantéñense sen cambios. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 21 de xullo

Lixeira baixada do vacún maior en Silleda

Mercado de Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola lixeira baixada nos prezos do gando vacún, tanto becerros de recría como vacún maior, aínda que con oscilacións dependendo da categoría.

Así, nos becerros para recría de raza Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 126 euros; a 131 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 170 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 112, 137 e 126 €, respectivamente.

En canto aos becerros de recría de cruce industrial, tamén houbo subas e baixas dependendo da categoría. En concreto, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 301 euros; a 309 € os de 21 a 50 días -a categoría con máis asistencia de xatos-, e a 375 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 277, 312 e 446 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos rexistraron unha leve suba na Categoría Primeira, de 1.085 euros a 1.100, mentres que as vacas de Segunda, a máis numerosa das tres, baixou dos 730 euros da semana pasada a 709 €. Pola contra, as vacas de desvelle subiron 20 euros de media respecto á semana pasada, ata acadar unha media de 434 euros.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_vacun_silleda_21-07_2015

O coello acada mínimos anuais e sen cambios nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, despois de varias semanas de subidas acordouse manter os prezos dos ovos. Deste xeito, a ducia de ovos quedou nos 1,52 € para os XL; 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,21 para a M, e 1,06 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións baixaron un 0,1% ata acadar un mínimo anual de 1,30 €/kilo.

Estabilidade no porco cebado e baixada no leitón

En porcino, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da pasada semana. No resto de Europa o comportamento foi bastante dispar: en Alemaña baixou un 0,02%; en Holanda subiu un 0,01% e en Dinamarca mantivéronse os prezos sen cambios.

En canto aos leitóns acordouse baixar os prezos un 1,5%, acumulando varias semanas consecutivas de baixadas. Así, quedaron nos 25,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 30,50 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_porcino_silleda_21-07_2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información