Leve suba dos prezos dos becerros de recría en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter os prezos do porcino e subir o dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 6 de agosto

Leve suba dos prezos dos becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola lixeira suba dos prezos dos becerros de recría, sobre todo os de Frisona, mentres que o vacún maior mantívose estable. O porcino tampouco experimentou cambios nas súas cotizacións, mentres que subiron os ovos nas categorías XL e L.

Nos becerros de recría de raza Frisona, os de menos de 20 días, pagáronse a unha media de 96 euros, dous máis que a pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 111 euros por xato, tres euros máis que o prezo medio pagado o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos experimentaron a maior suba, ata acadar unha media de 143 euros, fronte aos 123 euros da semana anterior.

Nos becerros de Cruzamento industrial houbo máis oscilacións nos prezos. Así, na categoría de menos de 20 días, as cotizacións medias baixaron ata situarse nos 202 euros fronte aos 250 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu lixeiramente ata os 274 euros, fronte aos 272 de media da última poxa. Nas femias a suba foi maior: 220 euros, despois de acadar os 203 o pasado martes. En canto aos xatos de máis de 51 días, o prezo medio baixou ata os 342, fronte aos 378 euros da pasada semana.

En canto ao vacún maior, a tendencia xeral foi a unha leve baixada dos prezos. Deste xeito, quedaron en 1.098 euros de media en categoría primeira, 709 en segunda -a máis numerosa- e 420 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.116 , 710 e 416 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_SILLEDA_VACUN_SETEMBRO_16_1

Ovos á alza e baixada do coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións da pasada semana nas categorías M e S, que quedaron nos 1,10 e 0,94 euros a ducia, respectivamente. Pola contra, acordouse subir os prezos da categoría XL un 0,03%, ata os 1,29 euros a ducia, e un 0,02% para a L, que se situou nos 1,16 euros.

Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse unha baixada do 0,10%, situándose o prezo nos 1,55 euros o kilo.

Estabilidade no porcino

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter os prezos da pasada semana. Así, as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,355 e 1,330 euros por quilo, respectivamente; para a Canle II acordouse manter o prezo de 1,727 euros por quilo. E na categoría de desvelle decidiuse aplicar unha suba do 0,02%, de forma que o intervalo de prezos quedou entre 0,73 e 0,79 euros o quilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, tamén se mantiveron os prezos sen cambios, mentres que nos demais mercados europeos tamén houbo unha tendencia similar.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións do pasado martes. Deste xeito quedaron nos 31 euros os procedentes de varias explotacións e nos 36 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_SILLEDA_PORCINO_SETEMBRO_16_1

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información