Leve suba dos becerros e repunte do porcino e dos ovos

Nas mesas de prezos dos ovos acordouse unha suba dos prezos, mentres que o vacún maior mantívose estable. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 31 de maio. O vindeiro martes non se celebrarán subastas e o 14 de xuño só haberá poxa de becerros de recría

Leve suba dos becerros e repunte do porcino e dos ovos

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola leve suba xeral de prezos dos tenreiros de recría, tanto os de Frisona como os de Cruce Industrial. O vacún maior mantivo os seus prezos, cunha lixeira suba na Categoría Segunda.

Deste xeito, nos becerros de Frisoa os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 121 euros, fronte aos 115 do pasado martes. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 139 euros por xato, un euro máis que a media da semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos medios mantivéronse nos 179 euros do pasado martes.

Nos becerros de recría de Cruzamento industrial a tendencia xeral tamén foi á alza, aínda que con excepcións. Así, na categoría de menos de 20 días, houbo uns prezos medios de 252 euros fronte aos 291 da pasada semana. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu e foi de 324 euros, fronte aos 316 do pasado martes. Nas femias, os prezos medios mantivéronse sen cambios nos 238 euros por animal. En canto aos xatos de máis de 51 días, houbo unha clara caída: 393 euros fronte aos 420 da anterior sesión.

No vacún maior a tendencia xeral foi a unha lixeira suba. Deste xeito, quedaron en 1.084 euros de media en categoría primeira, 710 en segunda -a máis numerosa- e 426 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.105 , 704 e 426 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_SILLEDA_31_MAIO_VACUN

Ovos á alza e coello estable

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha suba das cotizacións: un 0,02% para a categoría XL, que quedou nos 1,19 euros a ducia; para a L fixouse unha suba do 0,07% ata os 1,09 euros; a M tivo unha suba do 0,08% ata situarse nos 1,05 e para a S a suba foi do 0,05%, quedando nos 0,90 euros a ducia.

Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos tamén se mantiveron nos 1,30 €/quilo da semana anterior, marcando un mínimo anual.

Suba do porco cebado e dos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis subir os prezos; desta volta un 0,05% para as categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,175 e 1,150 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén subiu, un 0,065% ata 1,494 euros por quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, esta semana os prezos subiron un 0,06% ata os 1,494 euros o quilo, mentres que nos demais mercados europeos tamén houbo unha suba das cotizacións.

En canto aos leitóns, despois de varias semanas sen cambios, acordouse subir os prezos un 4%. Deste xeito quedaron nos 35 euros os procedentes de varias explotacións e nos 40 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_SILLEDA_31_MAIO_PORCINO

O próximo martes non haberá poxas en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia lembra que os cambios na celebración das subastas dos vindeiros martes:
-O martes día 7 non se celebrará ningunha das subastas.
-O martes, 14 só terá lugar a “poxa de becerros de recría” (as de becerros carniceiros e vacas non se celebrarán este día) A recepción dos animais será o martes 14 a partir das 6 da mañá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información