Inestabilidade nos prezos do gando vacún en Silleda e suba dos ovos

Os prezos dos becerros de recría experimentan altibaixos en Silleda, mentres cae lixeiramente o vacún maior. Sen cambios no porcino e suba dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 13 de marzo

Inestabilidade nos prezos do gando vacún en Silleda e suba dos ovos

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizáronse pola inestabilidade nos prezos dos becerros de recría e pola leve baixada do vacún maior. Polo demais, seguen subindo os ovos e os leitóns, mentres que mantense sen cambios o porco cebado.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa mantivéronse practicamente sen cambios.. En concreto, na categoría de menos de 20 días, a cotización quedou nos 114 euros por xato, 1 máis que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos caeron 1 euros, ata unha media de 136 euros por xato. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio subiu ata os 174 euros, fronte aos 165 do pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi á alza, pero con excepcións. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos subiron ata os 320 euros, dous máis que a pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén se revalorizou ata unha media de 371 euros, fronte aos 356 euros do pasado martes. Nas femias, pola contra, o prezo medio caeu ata os 222 euros, 10 menos que o pasado martes. Pola contra, nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos baixaron ata unha media de 425 euros por animal, fronte aos 457 euros de media da última poxa. Nas femias tamén se notou unha importante caída: o prezo medio foi de 304 euros, fronte aos 338 do pasado martes.

Caída no vacún maior

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia foi a unha lixeira caída de prezos. Deste xeito, quedaron en 1.067 euros de media en categoría primeira, 727 en segunda -a máis numerosa- e 473 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.085, 730 e 483 euros, respectivamente.

SILLEDA_marzo_18_2_VACUNjpg

Sen cambios no porcino e suba dos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse subir as cotizacións da pasada semana 0,02 euros a ducia para todas as categoría. Así, a XL e L quedaron en 1,74 e 1,65 euros a ducia, respectivamente, e a M e a S cotizaron a 1,52 e 1,19 euros a ducia, respectivamente.

As galiñas de desvelle subiron tamén 0,02 euros o quilo e quedaron nun intervalo de entre 0,10 e 0,17 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello subiu 0,10 euros o quilo e fixouse o prezo en 1,40 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou manter as da pasada semana. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal queda en 1,210 e 1,185 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sitúase en 1,539 euros por quilo e no desvelle as cotizacións quedan nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado baixou esta semana 0,06 euros ata os 1,490 euros o quilo. No resto da Unión Europea a tendencia foi moi dispar, con subas e baixadas dos prezos.

En canto aos leitóns, acordouse subir 2 euros as cotizacións, ata os 57 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 62 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_marzo_18_2_porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información