Importe provisional das axudas asociadas para ganderías de ovino e caprino

Importe provisional das axudas asociadas para ganderías de ovino e caprino

O Fondo Español de Garantía Agraria ( FEGA) fixo públicos este xoves os importes das axudas asociadas para as ganderías de ovino e caprino para estas campaña da PAC 2018 de cara ao pago do anticipo destas axudas. Para ovino queda en 11,85 euros por animal e para o caprino en 6,98 €/animal para a rexión España Peninsular e 8,59 €/animal para a rexión Insular e zonas de montaña.

En canto á axuda asociada para os gandeiros de ovino e caprino que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico, queda fixada provisionalmente en 36,63 euros por animal.

En concreto, en ovino a dotación orzamentaria para a campaña 2018 queda establecida en 124.475.000 € para a rexión España Peninsular e 3.428.000 € para a rexión Insular. O número de animais que cumpren de maneira provisional os requisitos establecidos para percibir a axuda ascenden a 10.501.992 na rexión España Peninsular e 173.684 na rexión Insular, o que supón que os importes unitarios provisionais para o pago de anticipos queden fixados en 11,85 €/animal para a rexión España Peninsular e 19,53 €/animal para a rexión Insular.

18_AXUDAS_OVINO

Axudas asociadas por gando caprino.

En canto ao gando cabrún, a dotación orzamentaria para as axudas asociadas para a campaña 2018 ascende a 5.386.000 € para a rexión España Peninsular e 5.093.000 € para zonas de montaña e rexión Insular.

Os animais que cumpren de maneira provisional os requisitos establecidos para percibir a axuda ascenden a 770.368 na rexión España Peninsular e 591.475 na rexión España Insular e zonas de montaña, o que supón que os importes unitarios provisionais para o pago de anticipos queden fixados en 6,98 €/animal para a rexión España Peninsular e 8,59 €/animal para a rexión Insular e zonas de montaña.

18_AXUDAS_OV_CAP_

Axuda asociada para os gandeiros de ovino e caprino que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pago básico

O obxectivo desta axuda é a concesión dunha axuda aos titulares de explotacións de gando ovino e/ou caprino que mantivesen dereitos especiais en 2014, e non dispoñan de hectáreas admisibles sobre as que activar dereitos de pago básico. Non poderán optar a esta axuda os titulares de dereitos especiais, que en 2014 tamén fosen titulares de dereitos normais e que declarasen na dita campaña unha superficie igual ou maior a 0,2 hectáreas, agás que o feito de non dispoñer de hectáreas admisibles sobre as que activar dereitos de pago básico se deba á ausencia de hectáreas admisibles determinadas na declaración da solicitude de axudas do ano 2013.

Para a presente campaña 2018, dispón dun límite orzamentario asignado de 30.155.000 €. O número de animais que cumpren de maneira provisional os requisitos establecidos para percibir a axuda ascenden a 823.286, segundo se desagrega a continuación por comunidades autónomas, establecéndose por iso un importe unitario provisional de 36,63 €/animal

18_AXUDAS_OV_CAP_DEREITOS_ESPECIAIS

As comunidades autónomas poderán realizar o pago de anticipo antes do 1 de decembro de 2018 no caso desta axuda ao gando ovino e caprino, que poderá alcanzar ata o 50 % do pago total. Con posterioridade as comunidades autónomas comunicarán de novo ao FEGA, antes do 15 de marzo de 2019, o número total de animais determinados para o pago da axuda, con obxecto de poder calcular o importe unitario definitivo a aplicar, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados con este importe unitario provisional.

Por último desde o FEGA o carácter provisional do importe unitario establecido de fronte o pago do anticipo. Coa información que remitan as comunidades autónomas correspondente ao número total de animais determinados para o pago da axuda en marzo do ano próximo, o importe unitario definitivo que se calcule a partir destes novos datos podería variar respecto o importe provisional, e non sempre tería que facelo á alza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información