Humor dos gandeiros fronte aos mitos dos gases contaminantes das vacas

A pasada semana falouse moito nos medios de comunicación dos supostos efectos contaminantes do gando vacún a raíz da publicación do informe sobre o uso da terra e o cambio climático do IPCC, o panel internacional de expertos que asesora á ONU na materia.

A publicación do informe foi aproveitada de novo por grupos animalistas para atacar o consumo de carne e de derivados lácteos e poñer o punto de mira especialmente no vacún de leite. Sen embargo, e como os propios expertos do IPCC se encargan de aclarar, “as vacas non son as responsables do cambio climático” e a gandería de vacún de carne non é das máis contaminantes. Por non falar de que a principal fonte de emisións de gases de efecto invernadoiro segue estando no transporte, na xeración de enerxía e na industria.

A reacción por parte do sector gandeiro nas redes tampouco non se fixo esperar a través de memes nas que, con humor, critican a criminalización da actividade gandeira, que non fai máis que desviar a atención das principais fontes de contaminación.

Velaquí unha escolma:

VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 8 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 7 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 6 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 5 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 4 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 3 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 2 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 1 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 14 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 13 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 12 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 11 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 10 VACAS CAMBIO CLIMÁTICO 9

Para saber máis:

As medias verdades sobre o impacto ambiental da gandaría

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información