Ganderías de Rubia Galega premiadas en Expolugo-A Rural

Acruga distingue aos mellores exemplares de Rubia Galega no II Memorial Luciano Sánchez celebrado en Expolugo A Rural. Un total de 20 persoas recibiron os diplomas que lles acredita como xuíces para avaliar animais desta raza

Ganderías de Rubia Galega premiadas en Expolugo-A Rural

Premio ao mellor lote

A mostra Expolugo A Rural acolleu esta sábado á entrega de premios do concurso de gando II Memorial Luciano Sánchez, no que concederon premios aos gandeiros propietarios dos mellores exemplares de raza Rubia Galega en ata seis categorías diferentes.

Os encargados de avaliar aos animais presentados a concurso foron os 11 xuíces principais que agora poderán cualificar aos exemplares de raza Rubia Galega en concursos de carácter nacional, que finalizaron este ano o seu terceiro curso de formación, obtendo con iso o título de xuíz principal. Todos eles recibiron de mans das autoridades presentes os seus diplomas, do mesmo xeito que o fixeron os catro xuíces auxiliares, con dous anos de formación, e outras cinco persoas que superaron o primeiro curso para lograr o diploma de xuíz amateur.

Ganderías premiadas

Por outra banda, na celebración da segunda edición do Memorial Luciano Sánchez, distinguíronse a varias ganderías da provincia de Lugo polos seus excelentes animais presentados a concurso. Unha das máis premiadas foi a gandería de Aurea Quiroga Maceda, de Samos, que se fixo co primeiro e o segundo premio na categoría de semental; o primeiro premio na de mellor novilla, e varios segundos premios. Tamén a Gandería da Morena, de Friol, levou o primeiro premio na categoría de vacas paridas; mellor xato e mellor lote, ademais de conseguir varios terceiros premios. Pola súa banda, a gandería de Santalla, do Corgo, logrou a máxima distinción na categoría de crías ata 10 meses. Tamén foron distinguidas con segundos e terceiros premios as ganderías de Castor Varela, de Chantada, e a de José Torrón, do Corgo.

A exposición de gando, con preto de cen animais de raza Rubia Galega, seleccionados polas súas excelentes calidades morfológicas, xenéticas e produtivas poderase ver durante este domingo, como parte da mostra Expolugo A Rural, que se celebra no Pazo de Feiras e Congresos.

Premio á mellor vaca parida

Premio á mellor vaca parida

Autoridades e novos xuíces de Acruga

Autoridades e novos xuíces de Acruga

Premio ao mellor lote

Premio ao mellor lote

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información