Galería de imaxes e lista de premios nos distintos Concursos de gando de Expolugo 2019

Un ano máis o sector agrogandeiro da provincia de Lugo deuse cita na mostra que xunta durante o San Froilán a criadores das distintas razas autóctonas

Vaca cachena da gandería de Mari Carmen Álvarez, de Pantón, en Expolugo

Vaca cachena da gandería de Mari Carmen Álvarez, de Pantón, en Expolugo

Os certames morfolóxicos das distintas razas autóctonas volveron ser un ano máis o prato central de Expolugo, a mostra agrogandeira que reuniu durante esta fin de semana, coincidindo co San Froilán a criadores das distintas razas autóctonas galegas no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo.

Nesta 22 edición, Expolugo contou con 200 cabezas de gando de 8 razas autóctonas diferentes e actividades complementarias como premios, mostras de artesanía, presentación de produtos, degustacións, etc. Outro dos puntos fortes foi unha vez máis o desfile de gando que discorreu o sábado pola mañá polas rúas do centro da cidade e que volveu congregar numeroso público.

En Expolugo están representadas as principais razas autóctonas galegas, coa presenza das súas asociacións xestoras e mostra de animais en vivo. Razas de bovino, caprino, equino, porcino e avícola mostran unha selección dos seus mellores exemplares, chegados de distintos puntos da provincia de Lugo.

As principais asociacións gandeiras de razas autóctonas de Galicia están presentes con animais vivos en Expolugo: ASOPORCEL (Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta), OVICA e ASOVEGA (Ovella e Cabra galegas), AVIMÓS (Galiña de Mos), BOAGA (Vacas das razas Cachena,Vianesa, Limiá, Caldelá e Frieiresa ), ACRUGA (Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega) e PURAGA (Cabalo Pura Raza Galega).

Algunhas destas asociacións levaron a cabo en Expolugo 2019 os seus concursos morfolóxicos, como é o caso do III Concurso Monográfico Provincial da Raza Porco Celta, o Concurso de Raza Rubia Galega, o XIII Concurso Monográfico de Can de Palleiro ou o Concurso Morfolóxico de Cabalo de Pura Raza Galega.

Galería de imaxes de Expolugo 2019

Toura co seu becerro, da gandería da Morena (Friol)

Ganderías de Friol, Samos e O Corgo, premiadas por Acruga

A Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA) foi un ano máis a que aportou máis exemplares a Expolugo, con 90 animais procedentes de cinco ganderías: Gandería da Morena (Friol), Manuel López Quiroga (Samos), gandería Santos Buján (Friol), Penín Puente SC (Friol), gandería Santalla SC (O Corgo). Tamén aportou 14 animais procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro.

A gandería da Morena, de Friol, fíxose co premio á mellor vaca parida

A gandería da Morena, de Friol, fíxose co premio á mellor vaca parida

A celebración do Concurso de Gando V Memorial Luciano Sánchez distinguiu aos mellores exemplares nas diferentes categorías. En total, entregáronse 14 premios ademais do de mellor lote, que foi a parar ao gandeiro de Samos, Manuel López Quiroga, quen obtivo o primeiro premio en touros e crías menores de dez meses, ademais de tres segundos premios. A gandeiría da Morena, de Friol, acadou a máxima distinción na categoría de vacas paridas, xunto a outros dous premios. Pola súa banda, a gandeiría Santos Buján, de Friol, fíxose co primeiro premio de xovencas e becerros, e cun terceiro posto a maiores. Tamén obtiveron segundos e terceiros premios os exemplares procedentes da gandeiría Santalla, do Corgo, e da explotación Penín Puente, de Friol.

Os alumnos do curso de xuices foron os encargados de evaluar e calificar aos animais para decidir os premios desta nova edición. Os 19 particiopantes no décimo curso de xuices recibiron o seu diploma que os acredita como xuices amateur, auxiliar e principal.

Cabalos de toda Galicia no Concurso Morfolóxico PURAGA

desfile Expolugo 2019 cabaloSección sementais maiores de 3 anos:

1º – Jalisco da gandeiría Marcelino Freire Abad, da localidade de Oza-Cesures cunha puntuación de 77,90.
2ª – Artabro, da gandeiría Miguel Alfonso Vázquez, da localidade de Ourense, cunha puntuación de 70,50.
3º – Campeiro da gandeiría Antonio Campos, da localidade de Cerceda, cunha puntuación de 69,80.
4º – Moreno III da gandeiría José Fandiño Vázquez, da localidade de Ferrol, cunha puntuación de 64,10.

Sección eguas maiores de 3 anos:

1º – Shakira, da gandeiría G. Fontenla, da localidade da Estrada, cunha puntuación de 78,50.
2º – Támega da gandeiría Marcelino Freire Abad, da localidade de Oza-Cesures cunha puntuación de 73-10.
3º – Dane, da gandeiría Marvelino Freire Abad, cunha puntuación de 72,70.
4º – Leixa da gandeiría José Fandiño Vázquez, da localidade de Ferrol, cunha puntuación de 71,95.

O xuíz foi Estanislao Pérez Paz e o diretor técnico Xacobo Pérez Paz.

Concurso morfolóxico provincial da raza Porco Celta

Expolugo 2019 premiados AsoporcelCategoría femias reprodutoras:

1º Premio – María Pena (Friol)
2º Premio – Francisco Oca (Viveiro)
3º Premio – Adrián Sixto (O Valadouro)

Categoría machos reprodutores:

1º Premio – José Barreira (Muimenta)
2º Premio – Antonio Díaz (Friol)
3º Premio – José Zapata (Castro de Rei)

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información