Fixado o importe das axudas asociadas para as ganderías de ovino e de caprino

Fixado o importe das axudas asociadas para as ganderías de ovino e de caprino

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) vén de facer públicos os importes das axudas asociadas para as explotacións de ovino e de cabrún.

En canto ás gandarías de ovino, para esta axuda diferéncianse dúas rexións: España peninsular e Rexión Insular. Para o sub-réxime de axuda para as explotacións de ovino en rexión Peninsular hai un límite orzamentario asignado para a campaña 2017 de 124.404.523 euros, a repartir entre 10.792.963 animais con dereito a pago, segundo os datos comunicados polas comunidades autónomas, establecéndose por iso un importe unitario provisional de 11,52 €/animal. Para o sub-réxime de axuda para as explotacións de ovino en rexión España Insular hai un límite orzamentario asignado para a campaña 2017 de 3.392.700 €, a repartir entre 169.456 animais con dereito a pago establecéndose por iso un importe unitario provisional de 20,02 €/animal.

Con eles, poderase realizar un primeiro pago da axuda asociada correspondente, que non poderá superar o 90% do total a pagar, e a condición de que se finalizaran os controis administrativos e sobre o terreo.

Posteriormente, antes do 30 de abril de 2018, as comunidades autónomas realizarán un segundo envío ao FEGA das solicitudes aceptadas para o pago e o número de animais con dereito ao pago da axuda, a efectos de poder calcular os importes unitarios definitivos a aplicar tanto aos pagos pendentes, como aos pagos complementarios aos xa realizados co importe provisional.

A continuación, inclúense os datos comunicados polas diferentes comunidades autónomas, e que serviron de base para a realización do cálculo dos distintos importes unitarios provisionais.

AXUDAS_OVINO_18

Gandarías de caprino

En canto ás axudas asociadas ás explotacións de gando cabrún, en rexión Peninsular hai un límite orzamentario asignado para a campaña 2017 de 5.374.463 €, a repartir entre 799.925 animais con dereito a pago, segundo os datos comunicados polas comunidades autónomas, establecéndose por iso un importe unitario provisional de 6,71 €/animal. Para o sub-réxime de axuda para as explotacións de caprino na rexión España Insular e Zonas de Montaña, hai un límite orzamentario asignado para a campaña 2017 de 5.082.318 €, a repartir entre 603.188 animais con dereito a pago, segundo os datos comunicados polas comunidades autónomas, establecéndose por iso un importe unitario provisional de 8,42 €/animal.

Con eles, poderase realizar un primeiro pago da axuda asociada correspondente, que non poderá superar o 90% do total a pagar, e a condición de que se finalizaran os controis administrativos e sobre o terreo. Posteriormente, antes do 30 de abril de 2018, as comunidades autónomas realizarán un segundo envío ao FEGA das solicitudes aceptadas para o pago e o número de animais con dereito ao pago da axuda, a efectos de poder calcular os importes unitarios definitivos a aplicar tanto aos pagos pendentes, como aos pagos complementarios aos xa realizados co importe provisional.

A continuación, inclúense os datos comunicados polas diferentes comunidades autónomas, e que serviron de base para a realización do cálculo dos distintos importes unitarios provisionais.

AXUDAS_CAPRINO_18

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información