Expertos analizarán en Santiago como reducir o uso de antibióticos na alimentación animal e principais alternativas

A XIX Xornada Técnica da Fundación Instituto Tecnolóxico do Penso (FITP) reunirá este venres á maioría dos representantes do sector en Galicia

Como reducir o uso de antibióticos na alimentación animal, as últimas estratexias nutricionais ou cales son as alternativas que hai no mercado á utilización dos antimicrobianos centrarán a XIX Xornada Técnica da Fundación Instituto Tecnolóxico do Penso (FITP) que este venres, 20 de outubro, reunirá en Santiago a boa parte dos representantes do sector da alimentación animal en Galicia.

Organizado pola Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) -entidade da que forma parte o FITP- o encontro celebrarase o Hostal dos Reis Católicos de 9:30 a 14:30 horas e contará coa participación de destacados expertos no ámbito da seguridade alimentaria.

O presidente de Agafac, Javier Barcia Galo, abrirá o seminario, que baixo o título “Alternativas ao novo escenario de redución de antibióticos en alimentación animal” ofrecerá distintos puntos de vista sobre o uso racional dos antibióticos e expoñerá as perspectivas de futuro ante os retos da Unión Europea. A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, clausurará o simposio ás 14:15 horas.

Durante o encontro, o presidente da Comisión Técnica da Confederación de Fabricantes de Alimentos Compostos (Cesfac), Mariano Gorrachategui García, disertará sobre as micotoxinas, substancias tóxicas causadas por fungos, e sobre a redución do seu impacto mediante o emprego de aditivos.

Medidas nutricionais e correctoras

Pola súa banda, o profesor da Universidade de Lleida Lorenzo José Fraile Sauce explicará como facer un uso racional dos antibióticos, mentres que Francesc Molist Gasa, do instituto de investigación holandés Schothorst Feed Research, pronunciará o relatorio “Medidas nutricionais para reducir o uso de antibióticos”.

Na xornada técnica tamén participará o director de I+D da empresa Innovabiotics, Pedro Medel de la Torre, que falará aos asistentes das últimas e máis novas alternativas ao uso de antibióticos; e a responsable do departamento técnico de Agafac, Luisa Delgado Núñez, presentará o “Estudo Sectorial de Contaminación Cruzada de Galicia. Medidas Correctoras”.

Tras a presentación dos estudos, informes e relatorios, a XIX Xornada Técnica da Fundación Instituto Tecnolóxico do Penso “Alternativas ao novo escenario de redución de antibióticos en alimentación animal”, finalizará cun debate no que poderán participar os asistentes.

Programa da xornada:

AGAFAC_XORNADA_ANTIBIOTICOS

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información