Este domingo celébrase en Teixeiro a Festa do Cabalo con case 4.000 euros en premios

Este domingo celébrase en Teixeiro a Festa do Cabalo con case 4.000 euros en premios

Doma de cabalo de raza galega

A localidade de Teixeiro, no concello coruñés de Curtis, celebrará este domingo, día 5 de agosto, a XIX Festa do Cabalo, organizada pola área de Promoción Económica para impulsar o cabalo de pura raza galega ao ser Curtis un dos municipios da provincia da Coruña con máis gandarías.

O programa desta festa, unha das máis consolidadas e atractivas para os afeccionados ao mundo ecuestre xa que nela pódense admirar algúns dos mellores exemplares de pura raza galega, incluirá as probas do concurso morfolóxico puntuables para a Copa de Galicia, así como as probas de andaina para o Campionato de Galicia.

Ademais, desenvolverase o concurso de andaina galega e de trote. En total, repartiranse máis de 3.700 euros en premios.

A xornada, que comezará ás 10.00 da mañá, finalizará cunha exhibición de enganches en sulky, limonera e tronco, ás 18.00 horas, e a entrega de premios, ás 19.15 horas.

As probas celebraranse nun campo destinado a actividades ecuestres situado detrás da Casa do Concello e disporá dunha ampla zona de aparcadoiro para facilitar a asistencia á festa.

A Festa do Cabalo, que se enmarca na programación da XVIII Semana da Cultura e do Lecer de Teixeiro, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Club Hípico de Teixeiro, a Federación Hípica Galega e a Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

Máis información no teléfono 696 819 293

Descarga aquí o programa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información