Estabilidade nos prezos do vacún en Silleda e suba de ovos e porco cebado

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 28 de febreiro

Estabilidade nos prezos do vacún en Silleda e suba de ovos e porco cebado

Poxa de gando en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia Abanca caracterizáronse pola estabilidade nos prezos dos becerros de recría, cunha leve tendencia á baixa nos de raza Frisona, mentres que os de Cruce experimentaron unha suba, ao igual que no vacún maior. Nas mesas de prezos acordouse subir as cotizacións do porco cebado e manter a dos leitóns. Os ovos tamén soben as súas cotizacións, mentres que o coello mantense sen cambios.

En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes tenderon a unha pequena baixada. Así, na de menos de 20 días, a cotización media subiu ata os 115 euros, fronte aos 117 da pasada semana. Na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media quedou nos 143 euros por xato, igual que o pasado martes. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos caeron ata unha media de 159 euros, catro menos que a semana anterior.

En canto aos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos esta semana foron en xeral á alza, aínda que con excepcións. Así, na categoría de menos de 20 días, as cotizacións medias subiron nos machos ata os 318 euros, fronte aos 228 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos situouse nos 349 euros de media, fronte aos 330 do pasado martes. Pola contra, nas femias baixou o prezo medio de 233 a 221 euros. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén baixou claramente ata os 384 euros, fronte aos 487 euros de media da pasada semana.

No vacún maior a tendencia xeral foi a unha leve suba . Deste xeito, quedaron en 1.103 euros de media en categoría primeira, 721 en segunda -a máis numerosa- e 447 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.070, 717 e 443 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

silleda_vacun_04_2_17

Suba dos ovos e coello sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse subir as cotizacións un 0,010%, quedando as categorías L e M nos 1,19 e 1,09 euros a ducia, respectivamente. A XL quedou nos 1,36 euros a ducia e a S nos 0,91 euros.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos da pasada semana nos 1,60 euros o quilo.

Suba do porco cebado e sen cambios nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou esta semana subir de novo as cotizacións. Así, nas categorías Selecta e Normal as cotizacións subiron un 0,01%, acadando os 1,265 e 1,240 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,013% ata os 1,610 euros por quilo. O desvelle tamén subiu as cotizacións un 0,01%, ata quedar nun intervalo de prezos de entre 0,82 e 0,88 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse esta semana sen cambios nos 1,520 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea a tendencia foi á estabilidade.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións da pasada semana nos 57 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 62 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

silleda_porcino_04_2_17

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información