Estabilidade nos prezos do gando vacún en Silleda e soben os ovos

Altibaixos no gando vacún segundo a categoría e baixada do porcino en Silleda. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 3 de outubro

Estabilidade nos prezos do gando vacún en Silleda e soben os ovos

A xornada deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizouse polos altibaixos do gando bovino, segundo a categoría, e pola suba dos ovos. O porco cebado segue á baixa, mentres que en Madrid o coello sobe ata os 1,95 euros o quilo.

Así, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes experimentaron oscilacións á alza é á baixa segundo a categoría, cunha tendencia global á estabilidade. En concreto, na categoría de menos de 20 días, a cotización media subiu ata os 122 euros, fronte aos 88 da poxa do pasado martes. E na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media baixou lixeiramente ata os 124 euros por xato, dous menos que a anterior sesión. Na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio subiu ata unha media de 150 euros, tres máis que a semana pasada.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia dos prezos foi máis ben á suba. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias subiron nos machos ata os 294 euros, fronte aos 234 da pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén subiu ata os 313 euros de media, fronte aos 284 do pasado martes. Nas femias, pola contra, os prezos caeron nesta categoría, quedando nunha media de 169 euros, fronte aos 187 do pasado martes. O mesmo sucedeu nos xatos de máis de 51 días, nos que o prezo medio caeu nos machos ata os 358 euros, fronte aos 375 euros de media da última poxa.

No vacún maior a tendencia xeral foi á baixa. Deste xeito, quedaron en 1.066 euros de media en categoría primeira, 697 en segunda -a máis numerosa- e 459 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.085, 709 e 459 euros, respectivamente.

As cotizacións en gando vacún quedaron da seguinte maneira:

POXA_SILLEDA_VACUN_10_17_1

Suba dos ovos e do coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse aplicar unha semana máis unha suba en todas as categorías. A XL subiu 0,020 euros ata os 1,57 euros a ducia. O resto de categorías (L, M e S) subiron 0,03 euros a ducia, quedando en 1,46 , 1,33 e 1,04 euros a ducia, respectivamente.

E na Lonxa de Madrid  o coello subiu 0,05 euros ata os 1,95 euros o quilo.

Baixada no porco cebado e suba nos bacoriños

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis aplicar unha baixada, esta vez de 0,06 euros o quilo ás categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,290 e 1,265 euros por quilo, respectivamente. No desvelle a baixada foi de 0,04 euros o quilo, de forma que queda nun intervalo de prezos de entre 0,75 e 0,81 euros o quilo. A Canle II tamén baixou 0,078 euros, ata quedar nos 1,643 euros por quilo.

En canto aos leitóns, acordouse, tras varias semanas de baixada ou de prezos estables, subir 1 euro as cotizacións ata os 37 euros para os procedentes de varias explotacións e os 42 euros para os procedentes dunha única explotación.

POXA_SILLEDA_porcino_10_17_1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información