Estabilidade nos prezos do vacún en Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a continuidade sen cambios de todas as cotizacións, tanto en Ternera Gallega como en gando de recría, abasto e vacún maior.

En canto ó mercado, a asistencia de gando foi inferior á habitual, probablemente pola Semana Santa. Entraron no recinto 1.771 reses, 376 menos que na anterior sesión. Houbo 1.462 cabezas de vacún menor, 175 de vacún mediano e 134 de vacún grande.

Máis información

Táboa completa das cotizacións do mercado de Amio (23-III-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información