Baixada nos prezos de recría e estabilidade en Ternera Gallega

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega acordou esta semana por unanimidade manter os prezos de todas as categorías, igual que na sesión anterior.

Tamén por unanimidade dos votos dos vogais na Mesa de Prezos de Abasto decidiuse baixar cinco euros os prezos dos xatos de recría nas categorías extra e boa dos machos de rubia galega e dos cruces. No resto de categorías de recría e en abasto e vacún maior, os prezos continúan igual que a pasada semana.

En canto ó mercado de Amio, a asistencia esta semana foi de 2.192 reses, 175 máis que o pasado 6 de maio. Houbo 1.685 cabezas de vacún menor, 239 de vacún mediano e 252 de vacún maior.

Táboa de cotizacións das mesas de prezos de Amio (13-5-2015)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información