Estabilidade nos prezos de recría e Ternera Gallega

As cotizacións das mesas de prezos de Amio mantéñense sen cambios en Ternera Gallega e no gando de recría. En becerros de abasto, houbo unha reducción de 10 céntimos no prezo da clasificación R dos animais entre 221 e 250 quilos, un cambio que o Mercado atribúe a axustes técnicos. Por outro lado, os vogais da Mesa de Prezos de Abasto coincidiron en apreciar unha tendencia á alza no vacún maior nas categorías O3 e P1, polo que poderían producirse subas na próxima sesión de manterse esa liña.

En canto á asistencia de gando á feira, esta semana houbo 2.491 reses, 493 menos que na anterior sesión. Por tipo de animais, foron 1.923 cabezas de vacún menor, 257 de vacún mediano e 289 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (13-I-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información