Estabilidade nas cotizacións en Amio

As mesas de prezos manteñen sen cambios a valoración de Ternera Gallega, gando de recría, vacún maior e abasto

A asistencia de gando ó mercado de Amio caíu esta semana en relación a unha sesión habitual, igual que sucedeu coa Lonxa de Silleda. Os días festivos de inicio de semana, acompañados da proliferación de festas en numerosos puntos de Galicia, levaron a que entrasen no recinto só 1.340 reses, 1.019 menos que a pasada semana. Houbo 850 cabezas de vacún menor, 315 de vacún mediano e 161 de vacún grande.

En canto ás mesas de prezos, tanto a da IXP Ternera Gallega como a de Abasto decidiron manter igual que na sesión anterior anterior os prezos de todas as categorías e calidades de carne.

Más información
Tabla completa das cotizacións de Amio (17-8-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información