Estabilidade nas cotizacións de Amio en recría e Ternera Gallega

As cotizacións do gando a penas experimentaron cambios esta semana en Amio. A mesa de prezos da IXP Ternera Gallega acordou por unanimidade manter os prezos en todas as categorías e calidades de carne, en tanto que a mesa de prezos de Abasto decidiu tamén a continuidade dos prezos no gando de recría, se ben observa que prosegue a tendencia á baixa nos de raza frisona. En canto ó gando de abasto, decidiuse subir 5 céntimos a clasificación P1 de vacún maior.

A asistencia de gando esta semana á feira de Amio foi de 2.984 animais, unha gran afluencia tras o parón motivado polas festas do Nadal. Houbo 1.981 animais máis que na anterior sesión, do 22 de decembro. Por tipo de gando, foron 2.483 cabezas de vacún menor, 229 de vacún mediano e 260 de vacún grande.

Táboa completa das cotizacións de Amio (6-1-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información