Estabilidade nas cotizacións de Amio

As mesas de prezos continúan apreciando unha tendencia á alza en Ternera Gallega Suprema e unha liña á baixa en femias de recría cruzadas

As cotizacións desta semana nas mesas de prezos de Amio repetiron os valores da anterior sesión. Os vogais da Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega decidiron, por maioría dos seus votos, manter sen cambios os valores de todas as categorías e calidades de gando. A tendencia nos prezos de Suprema segue á alza, como a pasada semana, pero como a demanda continúa estable, os vogais consideran prudente esperar á próxima semana, cando é posible que se produza un aumento da demanda característico dos primeiros de mes.

Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, tampouco hai cambios nin en gando de recría, nin no vacún maior nin nos becerros para sacrificio. Os vogais coinciden en apreciar unha tendencia á baixa dos prezos das femias de raza cruzada.

A asistencia de gando á feira de hoxe foi de 2.382 reses, 149 menos que o pasado 13 de setembro. Houbo 1.767 cabezas de vacún menor, 297 de vacún mediano e 296 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa de prezos de Amio (20-IX-2017).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información