Estabilidade dos prezos en Amio

As mesas de prezos acordan manter todas as cotizacións da anterior sesión

As cotizacións do gando nas mesas de prezos de Amio continúan igual que a pasada semana. Os vogais das mesas acordaron por unanimidade manter os prezos sen cambios.

En canto á asistencia de gando á feira, na sesión desta semana houbo 2.319 reses, 45 máis que a pasada semana. Entraron no recinto 1.815 cabezas de vacún menor, 240 de vacún mediano e 248 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións en Amio (25-5-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información