Estabilidade de prezos en Amio en todas as categorías e calidades

As cotizacións das mesas de prezos de Amio mantéñense esta semana sen cambios. Na Mesa da IXP Ternera Gallega, acordouse por maioría a repetición dos valores da pasada semana, en tanto na Mesa de Prezos de Abasto houbo unanimidade en manter igual todos os prezos de recría, gando de abasto e vacún maior. En gando de abasto para sacrificar, detéctase unha tendencia á alza pola baixada da oferta, se ben non hai cambios na demanda.

Os prezos manteñen a liña de estabilidade das últimas semanas, nas que só se produciron leves axustes á baixa en vacún maior. En canto á asistencia de gando á feira esta semana, houbo 2.262 reses, 156 máis que no anterior mercado. Entraron no recinto de Amio 1.747 cabezas de vacún menor, 274 de vacún mediano e 226 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (12-X-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información