Entrega de dous mastíns no Macizo Central de Ourense

Entrega de dous mastíns no Macizo Central de Ourense

A Asociación para la Conservación del Mastín Español vén de facer entrega de dúas cadelas mastíns a unha gandería do Macizo Central de Ourense. Trátase de Dakota e Nevada, dous cachorros que proceden dunha gandería de Puebla de Sanabria (Zamora), unha das principais zonas de densidade de lobo na Península Ibérica. A entrega dos animais á gandería de Ourense contribuirá a reforzar as medidas preventivas nunha comarca tamén sensible en canto a ataques dos cánidos ó gando.

Durante os próximos meses, a Asociación ten previsto acompañar ó gandeiro no manexo dos animais, comprobando que teñan unha boa adaptación á convivencia e garda do gando. O uso de mastíns é considerado fundamental polo colectivo para lograr a convivencia entre gando e depredadores. A Asociación traballa na liña dunha selección de mastíns que cumpra con criterios de saúde e de funcionalidade na defensa do gando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información