poxa_subasta_gando_feira_silleda_01_standar

Descenso no prezo dos becerros en Silleda e suba do porcino

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 21 de abril.

As cotizacións dos becerros na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola tendencia á baixa, aínda que con excepcións. A cotización media de todas as categorías (recría e carniceiros) situouse nos 229 euros, nove menos que a pasada semana.

En concreto, nos de recría baixaron especialmente os de cruce industrial, sobre todo os de menos de 20 días: 315 € os fronte aos 367 da semana anterior. Nos de entre 21 e 50 días mantivéronse máis estables mentres que nos de máis de 51 días a cotización media subiu.

Igual de desigual foi a cotización nos de raza Frisona: nos de 21 a 50 días baixaron pero nas outras dúas categorías a suba foi importante: 20 euros máis nos de máis de 51 días e 13 euros nos de menos de 20.

E nos becerros carniceiros notouse a baixada nos de cruce industrial: 782 por macho e 733 € por femia, fronte aos 792 e 808 euros, respectivamente, da poxa anterior. Os de Rubia Galega e os de Frisona subiron de prezo.

No vacún maior, o sector de máis importancia económica da Lonxa de Silleda, os prezos mantivéronse con lixeiras oscilacións: subiron as de categoría primeira e desfeito e baixaron as de segunda categoría.

As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_vacun_SILLEDA_21_04_2015

Baixada nas mesas de prezos de galiñas, ovos e coello

Despois de varias semanas sen cambios, nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos baixaron. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,10 € a ducia para a categoría L; 1,00 para a M, e 0,85 € a ducia para os de clase S. Isto supón uns descensos do 0,23, do 0,31 e do 0,29%, respectivamente.

As galiñas de desvelle tamén baixaron un 0,03%,

Nos coellos non houbo sesión en Silleda pero en Madrid as cotizacións baixaron un 0,12%, ata os 1,50 €/kilo.

Sobe prezo do porco cebado e seguen baixando os leitóns

En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou baixar os prezos outro 1%, o mesmo que as semanas pasadas. Deste xeito, as cotizacións quedaron nos 53 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 48 € para os procedentes de varias.

En canto ao porco cebado, acordouse de novo subir os prezos un 0,030% para o selecto e o normal, e un 0,038% para o Canal II sobe un 0,013% e o de desvelle un 0,020%. No referente europeo para o mercado porcino, Alemaña, a suba foi maior: 0,05 %.

Os prezos quedaron deste xeito:

cotizacions_porcino_SILLEDA_21_04_2015