A Deputación de Lugo reafirma o seu compromiso con Acruga

A Deputación de Lugo reafirma o seu compromiso con Acruga

José Tomén coa directiva de ACRUGA

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, reuniuse este martes co responsable de ACRUGA, César Dorado, un encontro no que Tomé coñeceu as necesidades e inquedanzas do sector e renovou o compromiso de colaboración da institución provincial coa asociación. A Deputación destinou en maio 1,4 millóns de euros para os vindeiros catro anos aos produtores lucenses de Rubia Galega.

A iniciativa, na que ACRUGA fai de intermediaria, inclúe axudas directas a explotacións lucenses polo primeiro parto das femias reprodutoras inscritas no rexistro xenealóxico. Son ata 500 euros por animal nacido.

Granxa Gayoso Castro

Ademais, a Deputación de Lugo achega unha colaboración directa coa asociación de criadores, que se leva facendo dende o 2007, para a recría e mellora xenética dos animais nas instalacións da Granxa Gayoso Castro para a súa posterior venda, principalmente en poxas.

Este centro público xa favoreceu a recría de 1.650 animais e supón un aforro superior aos 2 millóns de euros para os produtores, ao asumir a Deputación os custos da recría, así como beneficios doutros 2,4 millóns pola venda de exemplares a un prezo medio de 2.000 euros.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información