A Deputación de Lugo colaborará con ASOPORCEL para facilitar os programas sanitarios das explotacións

A Deputación de Lugo colaborará con ASOPORCEL para facilitar os programas sanitarios das explotacións

Presentación da xornada técnica de ASOPORCEL

A responsable de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Sonsoles López Izquierdo, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Presidente de ASOPORCEL, José Barreira Alonso, xunto a outras autoridades, presentaron este xoves a “II Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia”, que terá lugar o 24 de novembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

No acto, López Izquierdo avanzou que o Goberno Provincial manterá colaboracións co Asociación do Porco Celta para financiar con 45.000 euros os custes dos programas sanitarios das explotacións lucenses. Grazas a este fondos, asumiranse gastos de vacinación dos animais, revisións veterinarias, análises de sangue…

A deputada explicou que o do porco celta é un sector con pulo que, ademais de buscar supervivencia da especie, en perigo de extinción, pode converterse nunha oportunidade de emprego e de xeración de riqueza. Non en vano, trátase dun sector que en Galicia ten un volume de negocio superior a 1 millón de euros, e conta con máis de 130 criadores.

Destes xeito, informou que a de Lugo é a provincia que conta cun maior número de produtores de toda a comunidade, ao redor do 40% do total, é dicir, uns 52.

Programación da xornada

A II Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia terá lugar o vindeiro sábado, 24 de novembro, no Salón de Actos do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A entrada e libre é totalmente gratuíta pero é preciso confirmar asistencia no 982 226 252 antes do 22 de novembro.

Ás 9.30 horas, e logo da recollida das acreditacións, será a inauguración da xornada. De seguido, terá lugar a charla “Porco Ibérico Vs Porco Celta: manexo e instalacións”, a cargo do veterinario e director comercial de Grupo Solano, Jesús Carlos Rivera Rodríguez; e “A importancia do racionamento na rendibilidade das explotacións de Porco Celta”, que ofrecerá o veterinario de Nuscience Ibérica SAU, Jesús Fernández. Posteriormente, ás 12:30 horas, celebrarase a charla “Control de enfermidades e amezas presentes e futuras”, que será impartida polo investigador del Departamento de Patoloxía Animal da Universidade de Santiago de Compostela, Gonzalo López Lorenzo.

Xa para finalizar, ás 13:30 horas, terá lugar a charla “O mercado de produtos de calidade diferenciada: presente e futuro”, a cargo de Julio Sánchez Castell, departamento comercial de Finca Santa Rosalía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información