COREN compra 4,5 millóns de quilos de castaña galega para alimentar aos porcos da gama Selecta

COREN compra 4,5 millóns de quilos de castaña galega para alimentar aos porcos da gama Selecta

O Grupo Coren formalizou o convenio de adquisición de 4,5 millóns de quilos de castaña galega, que destinará á alimentación dos porcos da gama Selecta ao longo do ano 2019. O acordo de compra foi ratificado por parte de Manuel Gómez-Franqueira Álvarez, presidente do grupo Coren, e Jesús Quintá, xerente de Alibós, a maior empresa recolectora e transformadora de castaña de Galicia.

Na sinatura tamén estiveron presentes Manuel Gómez-Franqueira Otero, conselleiro de Coren; Natalio Rodríguez, director de Frigolouro; e José Luís Rey, responsable de Compras do grupo.

Os 4,5 millóns de quilos de castaña adquiridos para consumir durante 2019 supoñen unha achega económica ao campo galego de máis de sete millóns de euros.

Desde que en 2012 lanzou a súa gama de carnes de porco alimentado con castaña, a demanda deste froito por parte de Coren foi continua e prevé que esta tendencia continúe nos próximos anos.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información