Coren colleita as súas primeiras 50 hectáreas de cereal ecolóxico en Ferreira de Pantón

Coren colleita as súas primeiras 50 hectáreas de cereal ecolóxico en Ferreira de Pantón

Colleitadoras de cereal nas parcelas de COREN en Pombeiro

O Grupo Coren acaba de realizar a súa primeira recollida de cereais ecolóxicos galegos, iniciativa pioneira que promove a cooperativa co fin de destinalos á alimentación das súas producións con certificación ecolóxica.

Esta primeira plantación de cereais ecolóxicos galegos promovida por Coren abrangue unha leira de 50 hectáreas situada no monte comunal de Pombeiro, no municipio de Ferreira de Pantón (Lugo). Para iso, acondicionou as parcelas a través dun plan de recuperación do terreo para poñelo en cultivo.

Así, entre finais de abril e principios de maio, a cooperativa procedeu a realizar a primeira sementeira de trigo de primavera, que agora vense de colleitar. Xa en breve está prevista a seguinte sementeira, de cereal de inverno.

As parcelas do monte comunal de Pombeiro contan coa certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

Máis terreos de cereal ecolóxico en Arzuá e obxectivo de chegar ás 3.000 hectáreas en toda Galicia

Esta colleita é a primeira dentro dun proxecto máis ambicioso do Grupo Coren, que a cooperativa quere estender a outras zonas do país, para o que está a buscar yamás leiras que se poidan destinar a estes cultivos. De feito, xa ten prevista a incorporación de máis terreos en Arzúa (A Coruña).

Porén, o obxectivo de Coren é alcanzar unha superficie dedicada a cultivos ecolóxicos que lle permita obter cereal suficiente para cubrir a alimentación das súas producións ecolóxicas exclusivamente con cereais de Galicia. Para iso, a cooperativa presidida por Manuel Gómez-Franqueira márcase o reto de acadar un total de 3.000 hectáreas na Comunidade, certificándoas para colleita de cereais ecolóxicos.

Os cereais procedentes destes cultivos destinaranse á alimentación do polo ecolóxico, as galiñas poñedeiras de ovos ecolóxicos, o porco ecolóxico e a tenreira galega ecolóxica producidos por Coren, todos eles amparados polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Trátase de producións que Coren está a potenciar, atendendo así a demanda dos consumidores que cada vez solicitan máis alimentos con certificación ecolóxica. De feito, Coren produce actualmente 1.000.000 de quilos de carne ecolóxica e 8.000.000 de unidades de ovos ecolóxicos.

O

Visita do equipo de COREN ao campo de cultivo en Pombeiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información