Convocan un encontro este domingo para impulsar a raza Galiña Piñeira

Convocan un encontro este domingo para impulsar a raza Galiña Piñeira

Galiña Piñeira

Este domingo, 23 de setembro, criadores e criadoras de galiña da raza Piñeira organizan un encontro en Arzúa para elixir unha nova directiva e revitalizar a Asociación de Galiña Piñeira (Agalpi), unha das dúas raza autóctonas galegas de aves, xunto coa Galiña de Mos.

Dende a organización informan de que “o encontro está aberto a tódalas persoas que teñan ilusión e azos por darlle un novo pulo a este proxecto”.

O lugar da reunión será no Recinto Feiral Terra do Queixo ás 11:00 horas. Para máis información chamar ao 654 047 516 (preguntar por Daniel).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información