Conclusións da II Xornada Técnica do Porco Celta

Conclusións da II Xornada Técnica do Porco Celta

A Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) celebrou o pasado sábado en Lugo a súa II Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta, unha actividade que reuniu a máis de 50 criadores desta especie en Galicia.

Velaquí as conclusións de cada unha das ponencias técnicas:

-“A importancia do racionamento na rendibilidade das explotacións de Porco Celta”. Jesús Fernández, veterinario de Nuscience Ibérica SAU, tratou o tema da alimentación, xa que é un dos maiores custos en calquera produción gandeira. Neste caso, o aportar un penso de calidade, facendo un adecuado racionamento por idades e etapas de produción significa obter maiores rendementos. Isto tradúcese nunha diminución da cantidade de penso inxerida, en reducir tempos de cebo ou en mellorar a calidade da carne.

-“Control de enfermidades e ameazas presentes e futuras”. Gonzalo López Lorenzo, investigador do Departamento de Patoloxía Animal da Universidade e Santiago de Compostela. Grupo INVESAGA, incidiu na importancia de realizar unhas adecuadas pautas vacinais, tanto dos programas sanitarios obrigatorios como aqueles encamiñados a reducir a incidencia de enfermidades que minguan a produtividade das granxas.

Tamén tratou o tema da Peste Porcina Africana, informando sobre as súas vías de transmisión e cal é situación actual. Neste sentido, Gonzalo López destacou a necesidade de que os gandeiros tomen conciencia da importancia das medidas de bioseguridade nas granxas.

-“Cerdo Ibérico versus Porco Celta: manexo e instalacións”. Jesús Carlos Rivera Rodríguez, veterinario e director comercial de Grupo Solano, tratou sobre as instalacións mínimas que precisa unha granxa de porcino en extensivo e o manexo destes animais.

-“O mercado de produtos de calidade diferenciada: presente e futuro”. Julio Sánchez Castell, do departamento comercial de Finca Santa Rosalía, puxo ao Porco Celta como un exemplo de gandería orientada cara o mercado de produtos de calidade diferenciada. Deste xeito, a única forma de protexer e potenciar esta raza en perigo de extinción é fomentando a súa demanda e consumo.

XORNADA_PORCO_CELTA_18_2

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información