Cinco ganderías, premios Excelencia da feira Figan 2019

O certame desenvolverase entre o 19 e o 22 de marzo na Feira de Zaragoza

Cinco ganderías, premios Excelencia da feira  Figan 2019

Ganadería Valle de los Molinos, en Cuenca, un dos premios Figan 2019.

A Feira Internacional de Gandería (Figan), organizada pola Feira de Zaragoza, resolveu os premios Excelencia 2019 nas catro categorías con que conta o certame. Os galardóns, que se entregarán na próxima edición de Figan, do 19 ao 22 de marzo, buscan recoñecer aspectos técnicos innovadores nas explotacións agrarias, valorando o xurado características prácticas, orixinais ou sustentables.

Nesta edición, cinco empresas agrarias recibirán os premios Excelencia 2019:

Categoria bovino – Agropecuaria Montgai SL (Lleida, España). Especialistas en raza frisoa e de cor, fan uso de comedeiros eficientes que reducen o desperdicio de penso, á vez que manteñen a súa composición nutricional óptima. Contan ademais cun programa sanitario que está a reducir ao máximo o uso de antibióticos.

Categoría ovino – Ganadería Valle de los Molinos (Toledo). Xestionada desde 1985 polo seu propietario, Emilio Alonso Balmaseda, a granxa caracterízase pola súa calidade e heteroxeneidade xenética. O xurado tamén valorou o emprego de novas tecnoloxías nos labores de coidado e alimentación do gando.

Categoría avícola – Grupo Avícola Rujamar SLU (Cuenca). Empresa considerada líder en innovación, sustentabilidade e benestar animal no sector das galiñas poñedeiras. O 100% da súa produción críase sen gaiolas.

Categoría porcino. Nesta categoría, o xurado decidiu recoñecer dúas explotacións. A primeira é Ganadería Casaseca 2010 SLU (Salamanca), que destaca polas súas prácticas en benestar animal, sustentabilidade e respecto ao medioambiente. Utiliza novas tecnoloxías en alimentación, control do uso de auga e vixilancia dos animais.

Tamén se premiou ao Centro de Experimentación e Formación Porcino (Segovia), que compatibiliza a produción intensiva de porcino, utilizando robots para alimentación e inseminación, coa experimentación e a formación.

Estes galardóns entregaranse durante a feira Figan, que contará con 85.000 metros cadrados de exposición e que constitúe un dos principais referentes para o sector gandeiro. Figan celébrase en anos alternos, combinándose así coa feira Fima Agrícola, centrada no aspecto agrícola da produción gandeira e agraria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información