Charla en Lalín este mércores sobre pastoreo en montes comunais

Charla en Lalín este mércores sobre pastoreo en montes comunais

Pastos comunais en Monte Forgoselo (A Coruña)

A sala de prensa do Concello de Lalín acollerá este mércores, 22 de febreiro, unha xuntanza na que se abordará o aproveitamento dos montes comunais a través do pastoreo. Esta proposta foi presentada a pasada semana polo veterinario lalinense Luís Couto e conta co apoio do Concello de Lalín.

A xuntanza , que se iniciará ás 18:30 horas, vai dirixida, principalmente, ás comunidades de montes do municipio. En total, Lalín conta con 16 destes entes, que xestionan unha cantidade moi considerables de hectáreas. Non obstante, está totalmente aberta ao público, de modo que pode participar na mesma calquera persoa con interese na cuestión.

No encontro intervirán Carlos Rodríguez, da Asociación de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) e Xosé Eloi Villada, presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e experto no aproveitamento de montes e terreos forestais. Ambos abordarán xunto cos presentes as diferentes cuestións referentes a este proxecto e as múltiples posibilidades que existen para sacar o maior aproveitamento e rendemento aos montes e que esta iniciativa centra no pastoreo de ovellas e cabras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información